Non arrisques a túa vida por un inchable!
Por Redacción
Os socorristas da praia de Canelas tiveron que rescatar a primeira da tarde deste mércores a unha nena de tan só sete anos que se encontraban na auga sobre o seu colchón e se viu arrastrado mar dentro. Tras o rescate, do que o pequeno saíu ileso, o servizo municipal Emerxencias de Sanxenxo realizou unha advertencia a través da súa conta de Twitter: "Tenemos viento del norte!!! Si vas a la playa, deja los hinchables en casa!!!! No arriesgues tu vida por una colchoneta!!!".
A advertencia pretende evitar incidentes desta natureza, pois implica situacións de risco que na maior parte das ocasións son doadamente evitables. Neste caso, todo aconteceu pasadas as 14.30 horas e, segundo informou o responsable de Emerxencias de Sanxenxo, Antonio Folgada, nun momento en que ventaba do norte que arrastrou a nena mar dentro.
A nena, natural de Madrid, estaba na praia en compañía da súa familia. Nun momento dado, o socorrista que estaba na torre viuno e saíu á auga. Ao mesmo tempo, o pai da menor tamén se botou a nadar, pero xa non alcanzou a nena, que xa fora rescatada por un socorrista. Un segundo profesional acudiu de apoio.
Poucos minutos despois, sobre as 14.40 horas, os socorrista da praia de Montalvo tamén tiveron que realizar un rescate na auga. Unha muller de 85 anos que estaba soa no areal sufriu un esvaecemento mentres se bañaba nunha esquina do areal e, nun primeiro momento, foi atendida por uns bañistas, que o sacaron da auga.
Un particular alertou tanto os socorristas da praia como ao Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112. Os socorristas realizáronlle unha primeira asistencia abríndolle as vías e poñéndolle osíxeno e, a continuación, foi trasladada a un centro sanitario nunha ambulancia do 061.