Os veciños da contorna de Fexdega coñecerán o martes a reordenación de tráfico na zona
Por Redacción
Os veciños do ámbito de Fexdega coñecerán por parte do goberno local de Vilagarcía durante o próximo martes 8 como se vai levar a cabo a reordenación de tráfico que se acometerá nesa zona con motivo da apertura dunha nova vía para dar acceso aos aparcadoiros do recinto feiral.
A reunión terá lugar o martes pola tarde no pavillón multiúsos e asistirá a concelleira de Urbanismo, Paola María Mochales e o edil de Tráfico, Juan Antonio Pérez Callón.
Segundo afirma o goberno socialista, a proposta de reordenación que tiña previsto levar a cabo o anterior goberno do Partido Popular non era do agrado de numerosos veciños que fixeron chegar ao novo executivo diversas queixas. O equipo do alcalde Alberto Varela tamén mostraba a súa desconformidade con algunhas das medidas previstas, como a construción dunha glorieta en Rodrigo de Mendoza, a poucos metros da que se encontra na confluencia con Doutor Tourón e Agustín Romero.
Coa asesoría do arquitecto municipal e do xefe da Policía Local estase a elaborar un novo proxecto cuxos planos serán mostrados aos veciños o próximo martes.