Quen son os Figueroistas?
Por Redacción
Os Figueroistas conforman unha das árbores xenealóxicas máis antigas do mundo. Este sábado 12 de setembro, esta familia celebrará un comida no Pazo da Cultura coa presenza de diversas personalidades da vida público e numerosos descendentes de Manuel Ventura Figueroa, que se achegarán a Pontevedra procedentes de diferentes puntos da xeografía española.
Quen era Manuel Ventura Figueroa? Este home foi un eclesiástico e político nacido en Santiago de Compostela en 1708, que negociou en Roma o Concordato de 1753 e apoiou en 1767 a expulsión dos xesuítas. Entre os seus cargos figurou como presidente do Consello de Castela tras a caída de Aranda e foi nomeado auditor da Rota en Roma. Ventura Figueroa ocupou tamén os cargos de patriarca da India, protector do mosteiro Del escorial, vicario xeral dos Exércitos, gran chanceler da Orde de Carlos III, procapelán e esmoleiro maior de Su Majestad, comisario xeral da Cruzada, colector xeral dos arcebispados e bispados do Reino, arcediago de Nendos e arcebispo de Laodicea in partibus, posto para o que foi consagrado en 1783, ademais foi protector da Sociedade Económica Matritense.
Manuel Ventura Figueroa asinou o seu testamento, do que hai que destacar a súa vontade de crear unha fundación para a concesión de dotes, bolsas de estudo e axudas aos seus parentes, fundación que iniciou a súa actividade un ano máis tarde da súa morte. Esta fundación alcanzou gran popularidade en toda Galicia e aínda existe na actualidade.
Grazas ás bolsas postas en marcha polo arcebispo de Laodicea estudaron numerosos Figueroistas famosos como Cunqueiro, Filgueira Valverde, Bouza Brey ou a nai do presidente do Goberno, Mariano Rajoy, Olga Brey, ou o pai do regatista Pedro Campos, Marcial Campos Fariña.