Cambados, Ribadumia e Vilanova comparten un proxecto de saneamento coa rexión italiana da Toscana
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra acolleu este xoves a presentación do proxecto Saneplan que desenvolve a institución provincial xunto co Instituto Tecnolóxico de Galicia dentro do programa europeo Life+. A súa finalidade é o desenvolvemento dun sistema de información que permita a integración das redes de saneamento e tratamento das augas residuais coa planificación urban das cidades.
Neste momento ponse en marcha a primeira parte do proxecto que leva a cabo a Deputación que se trata da recopilación dos datos da rede e das infraestruturas de saneamento e depuración nos cinco concellos adheridos a este plan. O traballo de campo vai ser levado a cabo pola empresa Lagares Oca S.L. por un importe de 102.850 euros, que foi a ganadora do concurso convocado ao efecto.
No proxecto de recollida de datos van participar os concellos de Baiona, Cambados, Ribadumia e Vilanova de Arousa. Tamén o concello de Chiesina Uzanesse da rexión italiana da Toscana.
A participación económica total da Deputación no proxecto é de 248.642 euros que conta cun aporte do 50% de fondos da Unión Europea.