Faise pasar polo seu irmán xemelgo para evitar unha multa de Tráfico
Por Oskar Viéitez
A Garda Civil detivo a I.M.C., de 36 anos de idade e veciño de Poio, como suposto autor dun delito de usurpación de identidade e falsidade documental.
Segundo informaron fontes oficiais da Benemérita, os feitos sucederon na tarde do luns cando no punto quilométrico 18 da estrada PO-531, termo municipal de Vilagarcía de Arousa, compoñentes do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra, procederon ao control do camión marca Renault, modelo 480, o cal levaba inserida cartón de tacógrafo.
O condutor identifícase ante os axentes mediante permiso de conducir como O.M.C., así como outros documentos que facían presumir que a súa verdadeira identidade non era esa, por elo foi trasladado ás dependencias oficiais nas que se comprobou que a súa verdadeira identidade era I.M.C., o seu irmán xemelgo.
Por todo iso os axentes procederon á súa detención e instrución das correspondentes dilixencias que serán remitidas ao Xulgado de Instrución número tres dos de Vilgarcía de Arousa, sendo o suposto obxectivo destes feitos a ocultación de infraccións moi graves en materia de exceso de horas no transporte de mercadorías.
O detido, que carece de antecedentes policiais, quedou en liberdade coa obrigación de presentarse ante a autoridade xudicial cando para iso sexa requirido.