Barro solicita a rebaixa no valor catastral de terreos urbanizables sin desarrollar
Por Redacción
O goberno municipal solicitará ao Catastro a revisión dos valores catastrais dos terreos que están sin proxecto de urbanización para adaptalos á caída de prezos do mercado inmobiliario.
A última revisión dos valores catastrais, tanto de solares como de construccións no concello de Barro, realizouse en pleno auxe do mercado inmobiliario. Debido a esto os valores polos que se está a pagar neste momento de IBI, están por encima en moitos casos dos valores reais que teñen as propiedades na actualidade.
A reforma da Lei Hipotecaria 13/2015 de 24 de xuño de 2015 permite que os terreos urbanizables que non contan con ordenación detallada pasen a ser considerados como rústicos, e tamén posibilita adecuar o valor dos solos urbanizables que contan con instrumento urbanístico de desarrollo pero que non dispoñen de proxecto de urbanización ó actual escenario de caída dos prezos do mercado inmobiliario para este tipo de sectores sin executar.
Por eso o goberno municipal vai propor para a súa aprobación no vindeira sesión Plenaria da Corporación o acordo de dirixirse á Xerencia Territorial do Catastro para que proceda a revisar estos valores, a través dun procedemento simplificado, para que entren en vigor o antes posible.