Comeza o reparto das máis de catro toneladas de alimentos recollidos no Surfing the Lérez
Por Redacción
As doazóns dos participantes no Festival Surfing the Lérez para Redeaxuda –que encheran 14 furgonetas- suman máis de catro toneladas de alimentos e produtos hixiénicos o que fala do compromiso social das moitas persoas que o pasado sábado acudiron a Illa do Cobo a gozar dunha xornada lúdica. O pasado ano foran 2,4 as toneladas recollidas.
A “entrada” a Illa do Cobo era unha doazón e a xente respondeu con xenerosidade. A clasificación do material recollido deixa, entre outras cifras: 864 quilogramos de pasta, 554 de arroz, 451 de legumes, 243 de azucre, 321 botes de tomate, 450 litros de leite, 257 de aceite, 409 paquetes de galletas, 90 botes de cacao ou 90 paquetes de cueiros.
Rematado o reconto e clasificación, comeza o reparto das máis de catro toneladas de alimentos e produtos hixiénicos infantís entre ás organizacións de Redeaxuda que atenden as necesidades básicas de persoas e familias: Cáritas, Comedor de San Francisco, Calor e Café, Rexurdir provincial, Meniños, Club de Leones, e Fundación Amigos de Galicia.