Os chuvascos volverán durante a fin de semana ás Rías Baixas
Por Redacción
A partir deste xoves, as Rías Baixas atoparanse baixo influencia anticiclónica débil e os ceos presentaranse pouco nubrados ou despexados. As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente situándose sobre os 9 graos mentres que as máximas experimentarán lixeiros ascensos apróximándose aos 21 graos.
Durante o venres, a situación irá cambiando cara a unha zona intermedia entre as altas presións, que se irán afastando, e unha borrasca que comezará a achegarse a través do Atlántico. Os ceos presentaranse pouco nubrados, con intervalos de nubes de tipo alto que, segundo as previsións do servizo de Meteogalicia, non deberían impedir o paso do sol. As temperaturas ascenderán durante a xornada entre lixeira e moderadamente mentres que os ventos solplarán frouxos de dirección variable.
Xa durante o sábado irase achegando a toda Galicia un centro de baixas presións que fará que aumente a probabilidade de choiva. As temperaturas máximas non sufrirán cambios mentres que as mínimas iniciarán un descenso.