Recta final do programa de arranxos dos miradoiros
Por Oskar Viéitez
Con cargo a unha subvención da Axencia de Turismo da Xunta de Galicia, o Concello de Marín esta a proceder á instalación de aparcabicis en todas as praias. Foros instalados en Portocelo, Aguete, Loira e O Santo e repostos os de Mogor que foran roubados.
Esta mellora forma parte do proxecto dos miradoiros que se están a levar a cabo coa contratación da Asociación Juan XXIII.
Tamén se están a instalar os carteis coa información en cada un dos lugares.
A iniciativa ten o lema "Marín, tes moito que ver", e incluíu a habilitación de cinco miradoiros en distintos puntos da contorna do centro urbano para dar a coñecer o patrimonio natural, histórico e paisaxístico do municipio.
O orzamento total superou os trece mil euros, correndo a cargo da Axencia Turismo de Galicia o 67,5% desta cifra mentres que o resto asumiuno o Concello.
Esta semana finalizarán os traballos.