Acordo para a reapertura do tanatorio de Ponte Caldelas
Por Redacción
Ponte Caldelas volverá contar cun tanatorio no seu casco urbano ao chegar a un acordo as empresas que xestionaban a instalación.
Tras varias reunións nas que o alcalde Andrés Díaz actuou de mediador, as funerarias implicadas acordaron como reparar os desperfectos do edificio, valorados en 90.000 euros e que ocasionaron o seu peche en novembro de 2013.
O tanatorio pechou nesa data debido á caída dunha parte da cuberta que provocou inundacións.
A reapertura, explica o Concello de Ponte Caldelas, realizarase "o máis axiña posible", pero sempre trala realización das obras pedientes.
Ademais a posta en funcionamento do tanatorio permitirá a creación dun posto de traballo que será ocupado prioritariamente por "unha persoa residente e empadroada en Ponte Caldelas", segundo explicou o goberno local.
Relacionadas:
-
Comezan as obras do tanatorio de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Alianza y Barros asumirá a reparación do tanatorio de Ponte Caldelas
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O Concello de Ponte Caldelas sancionará con multas de 10.000 euros cada tres meses ás empresas do tanatorio
Por Redacción |
-
O PP de Ponte Caldelas acusa o alcalde de mentir cando anunciou a reapertura do tanatorio
Por Redacción |
-
Unha empresa funeraria estuda construír un tanatorio no ámbito da zona urbana de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
O PSOE de Ponte Caldelas sinala ao alcalde como "máximo responsable de que os veciños non teñan onde velar os seus defuntos"
Por Redacción |
-
Perfecto Rodríguez di que as empresas propietarias do tanatorio "só pretenden confundir e marear a perdiz"
Por Redacción |
-
Alianza y Barros suxire ao alcalde de Ponte Caldelas que faga municipal o servizo de tanatorio
Por Redacción |