As chuvias provocaron accidentes leves por saída de vía
Por Diego Torrado
O asfalto mollado adoita provocar accidentes de tráfico e así sucedeu durante a xornada do domingo 11 en varios puntos da comarca, debido á presenza de chuvascos durante gran parte do día.
Ás 14.20, segundo o Servizo de Emerxencias do 112, producíase un accidente na entrada da autoestrada AP9, cando o condutor dun turismo perdía o control e o vehículo empolicábase por encima do valo de protección. Ata o lugar achegouse a Garda Civil de Tráfico.
Minutos máis tarde, ás 15.06, rexistrábase outro accidente no municipio de Cotobade. Tratábase doutra saída de vía dun turismo. O condutor perdía o control e terminaba golpeando contra a varanda. Ata a zona da colisión achegouse unha patrulla da Garda Civil. Rexistráronse feridos leves.