A visita de Stephen Hawking que revolucionou Cambados por unhas horas
Por Redacción
Cambados recibiu durante a xornada do mércores unha visita que revolucionou a vila, a do prestixioso científico e astrofísico Stephen Hawking.
A súa presenza na capital do Albariño non pasou inadvertida e foi o tema de conversación durante todo o día, malia a brevedad da visita.
Hawking, acompañado do seu persoal de confianza e unha das súas fillas, aproveitou a escala en Vigo do crucero 'Azura', que cobre a ruta entre Southampton e Lisboa, para achegarse á comarca do Salnés.
O británico puido coñecer os xardíns do Pazo de Rubiáns, catalogados como de excelencia internacional, e gozou dunha comida no Parador de Cambados antes de regresar á cidade olívica.
Moitos foron os que intentaron inmortalizar o momento, aínda que só uns poucos, como os traballadores do restaurante, conseguírono.
Stephen Hawking converteuse co paso dos anos nun dos personaxes máis influíntes do planeta polo seu impresionante traballo de divulgación científica e as súas teorías, en especial sobre os buracos negros. Todo iso pese a sufrir unha esclerosis lateral amiotrófica (ELA) que reduciu case ao completo a súa mobilidade. Foille diagnosticada con 21 anos, cando os médicos cifraron a súa esperanza de vida en dous ou tres anos. Ten agora 73.