Premian nove escolares pontevedreses pola súa concienciación coa seguridade viaria
Por Redacción
Nove escolares pontevedreses foron premiados este sábado pola súa participación na terceira edición do concurso de debuxo Ponte a conducir, que nesta ocasión tiña o lema "Gústame levar o cinto de seguridade".
Nun acto presidido polo subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello, recoñeceuse o esforzo e o gran interese demostrado por todos os participantes e, especialmente, polos nove premiados por expresar nos seus debuxos a importancia da educación viaria.
Os premiados son:
- Ana Duarte Iglesias (3 anos. SEK).
- Uxía Torres López (4 anos. CEIP Parada Campañó).
- Álvaro González Almuiña (5 anos. CEIP Vilaverde).
- Zoe Gregorio Pereira (6 anos. CEIP Álvarez Limeses).
- David López Bahamonde (7 anos. CEIP Álvarez Limeses).
- Antía Sobral Fariña (8 anos. CEIP Campolongo).
- Sara González Almuiña (9 anos. CEIP Vilaverde).
- Hugo Ruibal López (9 anos. CEIP Marcos da Portela).
- Paula Iglesias Contreras (12 anos. CEIP Calasancio).
Ponte a conducir é unha iniciativa da Plataforma Moteira pola Seguridade Viaria que busca tratar de concienciar desde idades temperás sobre a importancia da educación viaria desde diversos puntos de vista, xa sexa como condutor ou peón, e da necesidade de involucrar a todos os axentes que poidan axudar a mellorar a seguridade nas nosas estradas.