Reparan o empedrado da rúa Fuente del Oeste en Cantodarea
Por Redacción
O Concello de Marín está procedendo estes días á reparación e colocación de novo das pedras que configuraban o empedrado da rúa Fuente del Oeste.
As demandas dos veciños e o mal estado en que se atopaba fixo que o goberno municipal adquirira o compromiso de poñela nun estado menos perigoso e que non dificultase a mobilidade.
A actuación inicial contemplaba a colocación das pedras que maioritariamente atopábanse levantadas, descolocadas e sobresaídas do firme e que estaban provocando importantes inconvintes aos veciños.
Pero cando se iniciou a reparación, a empresa contratada observou que as pedras se movían nada máis tocalas e que resultaba necesario levantalas por partes, afianzalas cunha soleira de formigón e proceder a colocalas de novo.
Esas son as actuacións que se están acometendo para que esta rúa desta zona da parte antiga do barrio de Cantodarea poida contar cunha mellora importante.