Os bombeiros interveñen nunha palmeira de Eduardo Pondal polo desprendemento de pólas
Por Redacción
Os bombeiros do Parque de Pontevedra tiveron que desprazarse ata a rotonda situada entre a avenida Eduardo Pondal e a rúa Filgueira Valverde na que se atopa unha palmeira de máis de doce metros de altura da que se desprenderon varias pólas secas impactando contra a calzada, sen que se produciran incidencias de consideración.
A través da escaleira mecánica, os bombeiros podaron as pólas que, debido ao vento, ameazaban con desprenderse e golpear a peóns ou aos numerosos vehículos que circulan por Eduardo Pondal.
Axentes da Polícia Local tiveron que cortar o tráfico temporalmente nalgún dos carrís para facilitar o traballo dos bombeiros sen que se producisen retencións de tráfico.