Pleno simbólico en Cuntis para recuperar a Memoria Histórica
Por Redacción
A Casa da Cultura de Cuntis acolleu o acto de clausura do Mes da Recuperación da Memoria Histórica a través dun pleno simbólico no que se restituíu a dignidade das persoas represaliadas polo réxime franquista.
Durante o acto interviñeron o alcalde, Manuel Campos, o portavoz de Veciñanza, Santiago Martínez, o concelleiro de cultura, Enrique Portela, a bisneta do último alcalde republicano antes da Guerra Civil, Vanessa Fuentes, a neta do tesoureiro daquela corporación, Chus Picallo, o activista local Héitor Picallo e a poeta Susana Aríns.
Tras a celebración deste pleno simbólico descubriuse unha placa no parque en honra das vítimas da ditadura. Vanesa Fontes e Chus Picallo foron as principais protagonistas do acto ao que non asistiu ningún representante do Partido Popular a pesar de que, segundo o goberno local, foran convidados a participar.