Sanxenxo participa en Londres na Feira de turismo Word Travel Market
Por Redacción
O Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo (CETS) organiza en colaboración co Cluster de turismo de Galicia unha misión comercial á feira de turismo Word Travel Market de Londres composta por 8 empresas turísticas do municipio, a empresa mixta Turismo de Sanxenxo e a presenza do alcalde, Gonzalo Gonzalo Pita, e o concelleiro de turismo, Jesús Sueiro.
Así se inicia a promoción turística do municipio cara ao ano 2016 na que Sanxenxo estará presente nas 3 principais feiras de turismo a nivel internacional en Europa, Londres, Madrid con Fitur e Berlín coa ITB.
Durante a feira poñerase en valor a marca turística de Sanxenxo como o principal destino vacacional de Galicia e capital turística das Rias Baixas con máis de 150 establecementos con selos de calidade turística e onde o mercado británico poderá gozar dunha moderna e variada oferta de aloxamento que servirá como base para descubrir Galicia, sen saír de Sanxenxo descubrir o mundo do viño a través das adegas existentes que ofrecen diferentes rutas baseadas nos nosos viños Rias Baixas, a mellor gastronomía galega, unha selecta oferta de lecer nocturno ou a extensa variedade de actividades turísticas e deportivas.
A misión auspiciada polo Clúster do Turismo de Galicia en colaboración con Turismo de Galicia desenvolverase no recinto feiral Excel de Londres, no espazo de traballo que Turespaña habilitou para Galicia. "A nosa presenza na WTM Londres é unha cita obrigatoria para nós e unha excelente oportunidade para continuar traballando na internacionalización dos nosos produtos turísticos", explicou o presidente do Clúster, Francisco González.
Entre as empresas con representación na feira están os hoteis Rotilio, El Puente, Spa Nanin Praia, Apartamentos El Velero e Trisquel e as operadoras de turismo Cntravel e Interrías, que participan en diferentes encontros comerciais na mesa de traballo que el Clúster de turismo de Galicia a posto a disposición de todos os participantes nesta misión.
WORLD TRAVEL MARKET
Os contactos e actividades da delegación comercial continuarán no WTM ata o vindeiro xoves, 5 de novembro, aproveitando este gran referente da industria turística a nivel mundial na que se dan cita 50.000 profesionais das viaxes. Compradores e vendedores de todo o mundo e de todos os sectores da industria de viaxes danse cita en WTM.
Cabe lembrar que o noso país é o primeiro destino para os británicos e o Reino Unido o principal mercado emisor para España. Na actualidade hai conexións desde 28 aeroportos británicos a 35 españois, sen esquecer que Reino Unido é o país de orixe dun 23,6% do total de chegadas internacionais e xera un 20,3 % dos ingresos por turismo en España. Ambos os indicadores, volume e gasto, converten ao Reino Unido no principal mercado para o noso país, por diante de Alemaña e Francia.