Detido por un roubo con forza nun vehículo
Por Redacción
Axentes da Policía Nacional procederon á identificación e detención dun individuo de 43 anos de idade, natural de Vigo, con múltiples antecedentes policiais por feitos similares, como presunto autor dun roubo con forza.
Segundo informaron fontes oficiais, os feitos sucederon o día 21 de outubro cando presentaba denuncia o propietario dun vehículo ao que lle subtraeron do interior unha chaqueta que contiña 850 euros, todo iso tras forzar a porta dianteira.
Por mor da denuncia os axentes iniciaron as investigacións para tratar de averiguar a identidade do autor do roubo que culminou coa súa detención o día 30 de outubro ás 13.00 horas.
No momento da detención o detido levaba posta a chaqueta de coiro que o denunciante deixara no interior do seu vehículo.