Abertas as plicas para os postos do mercado municipal do Grove
Por Redacción
O Concello de Grove procedeu á apertura de plicas que resposta á convocatoria por procedemento aberto de casetas e bancadas libre do mercado municipal. O prego de condicións poñía a disposición dos interesados catro postos fixos e once bancadas en distintas ubicacións.
Unha vez rematado o período de presentación de ofertas foron recibidas seis, dúas para as bancadas 29 e 30, unha para a 11 e outra para a 15. Segundo a norma establecida as bancadas serán outorgadas ás ofertas máis elevadas para o cal serán clasificadas na vindeira Xunta de Goberno Local. Deste xeito os postos serán outorgados por orde de maior oferta, dándose o caso de que, ao quedar bancadas libres, as persoas que puxaron polo mesmo posto poderán optar a outros.
TÉCNICAS DE VENDA PARA AS PLACEIRAS
O vindeiro luns, 9 de novembro, entre as 9.00 e as 14.00 horas celebrarse na Sala das Cunchas un curso de formación dirixido ás vendedoras da praza de abastos. Trátase dun curso de técnicas de venda, fidelización e deseño de campañas que pretende contribuír á mellora da estratexia comecial dos postos de venda que ocupan no mercado.
Entre os contidos previstos amosaranse posibles técnicas de fidelización de cliente ou nocións básicas sobre uso de redes sociais e outros métodos de promoción orientados á promoción e venda dos produtos do mercado para mellora a imaxe de marca.
A temática do curso resposta ás propias demandas das vendendoras que expresaron o seu interese en contar con aportacións sobre estes asuntos.