O Concello pon a punto os parques de Vilariño e Sartal
Por Redacción
Os parques infantís de Vilariño e O Sartal, na parroquia de San Xoán, foron os primeiros en pasar a posta a punto emprendida pola concellería de Medio Ambiente do Poio.
Trátase dunha campaña que recuperará todas as zonas de randeeiras do municipio.
Súmase esta campaña aos traballos de mellora que a brigada municipal está a levar a cabo nos camiños.
Está a actuarse en San Martiño, en Ucha e en Fontenla e está previsto que continúen en Pé da Porta e na zona de Campelo.