Turismo de Bueu organiza dous obradoiros de pesca no Centro de interpretación de Agrelo
Por Redacción
O departamento de Turismo do Concello de Bueu organiza no Centro de Interpretación de Agrelo para os últimos domingos de novembro dúas edicións dun obradoiro de pesca dirixido a rapaces de entre 8 e 16 anos, cun máximo de 10 participantes por grupo.
Así, a actividade vaise celebrar o 22 e o 29 de novembro e combinará a presentación do Centro de Agrelo cun percorrido guiado polo sendeiro litoral, o obradoiro de canas e a propia pesca.
De 11 a 13 horas, os rapaces poderán coñecer as especies máis representativas da pesca no litoral, ademais da elaboración dunha cana e da arte da pesca con cana.
Os materiais precisos para a realización da actividade, tales como canas, liñas, anzós ou miñocas, están incluídos.
Para participar é necesaria inscrición previa gratuíta a través do teléfono 986 32 43 38 ou ben contactar ao correo turismo@concellodebueu.org.