Dúas persoas resultan feridas nunha forte colisión á entrada de Cuntis
Por Redacción
Un accidente de circulación na Nacional 640, ao seu paso polo municipio de Cuntis, saldouse este venres con dúas persoas feridas.
No suceso, que se produciu ao redor das 22:00 horas xunto ao campo de fútbol da Ran, víronse implicados tres vehículos, segundo informa o Centro de Atención de Emerxencias 112.
Os feridos, que sufriron diversas lesións, foron atendidos polos servizos de urxencias sanitarias desprazadas ata o lugar.
Ademais a alerta mobilizou a efectivos da Garda Civil de Tráfico e de Protección Civil de Cuntis.