Varios identificados tras concentrarse ás portas do cárcere a favor do achegamento de presos de ETA
Por Natalia Puga
Máis dunha decena de persoas foron identificadas na mañá deste sábado tras concentrarse nas inmediacións do centro penal da Lama gritando consignas a favor do achegamento dos presos da banda terrorista ETA a cárceres do País Vasco.
Un grupo de simpatizantes dos presos de ETA chegou á zona á primeira hora da mañá e permaneceu nun monte anexo ata media mañá. Durante o tempo que permaneceron alí subiron a unha roca, gritaron consignas a favor do achegamento e tiraron varias bombas de palenque coas que acompañaron os seus berros.
Fontes consultadas indicaron que a Garda Civil achegouse aos concentrados e identificounos, pero non disolveu a concentración. Desde a Garda Civil confirman que houbo varias identificacións e, ademais, tomáronse os datos de varios vehículos nos que se desprazaron ata a zona.
No centro penal da Lama cumpren condena varios presos da banda terrorista distribuídos en distintos módulos.