Reparación das marquesiñas en Cotobade
Por Redacción
O Concello de Cotobade contratou a tres soldadores, veciños do municipio, a través dos plans de cooperación para levar a cabo a remodelación de marquesiñas que se atopan en mal estado, atendendo á demanda veciñal.
Con estes traballos remodeláronse 39 marquesiñas, desgastadas co paso dos anos, en diferentes parroquias e en lugares como A Graña, Praza de Borela, Calvelo, Tenorio, Viascón, San Xurxo, Santa María de Sacos, Paraños, Pazos de Borela, Corredoira, Dorna, Cutián, Xesteira, Cachopeiras, Vilanova, Parada de Tenorio, Loureiro, Rebordelo e Fentáns.
Durante as próximas semanas revisaranse as de O Cábado, Ceraxe e Vila de Arriba.
Ao mesmo tempo, desde o goberno local anúnciase que se están a executar os traballos de limpeza, acondicionamento e roza das marxes da estrada que une Carballedo con Caroi.
A través dun equipo formado por unha brigada de sete operarios, acompañados por un tractor desbrozador, unha retroexcavadora e unha niveladora executan esta limpeza para acondicionar esta zona de forma que o viario quede en mellores condicións durante o inverno