Sae do xulgado, rouba outra casa e vólveno a deter, por décima vez este ano!
Por Redacción
Axentes da Policía Nacional detivero un home de 38 anos de idade, veciño de Pontevedra, con antecedentes policiais, como presunto autor dun delito de roubo con forza no interior dunha vivenda da cidade.
Este individuo, a pasada semana, foi detido polos axentes por feitos de similares características. No que vai de ano foi detido en oito ocasiones máis por axentes da Policía Nacional, por feitos de natureza análoga, constándolle un total de vinte e oito detencións.
Segundo informan fontes oficiais da Comisaría de Pontevedra, esta última ocasión tivo lugar o pasado día 21 de novembro, sobre as 16.30 horas cando un veciño de Lérez avisou á Policía tras observar a un individuo no interior da súa leira.
Mentres se mantiña ao fala co 091 o veciño puido ver como este home levaba dúas bolsas e tras saltar o muro da leira depositounas nunha propiedade contigua coa intención de volver acceder á casa.
Ao lugar desprazáronse inmediatamente dotacións policiais, que localizaron nas inmediacións a un individuo que respondía ás características físicas do presunto autor e ao que lle foron intervidos unha lanterna e un par de luvas.
Os axentes policiais detivérono por un delito de roubo con forza.
Unha vez en dependencias policiais e tras ser oído en declaración o detido foi posto a disposición da autoridade xudicial, que dispuxo a súa posta en liberdade.