Os nosos "veciños invasores" na Alameda de Marín
Por Redacción
As especies invasoras están consideradas como unha das principais ameazas á biodiversidade do planeta. Son plantas, animais, fungos e mesmo microorganismos que o home trasladou desde o seu lugar de orixe a outras zonas do planeta onde se reproducen con tanto éxito que acaban sendo un problema para as especies nativas.
A humanidade leva trasladando especies desde tempos ancestrais pero o problema agravouse nas últimas décadas debido ao incremento do comercio mundial e do tráfico de persoas por todo o mundo.
Previr implica crear unha conciencia social do problema das especies invasoras para que todos adoptemos unha serie de boas prácticas que reduzan o risco de novas introducións.
Nesa liña, a Rede de Especies Invasoras (unha rede de grupos de investigación das Universidades da Coruña, Santiago, Vigo e Coimbra) organizou na Alameda de Marín unha exposición sobre as Especies Invasoras en Galicia.
OUTONO ACTIVO
Ademais, o Concello de Marín presentou a programación infantil que ofrecerá ás familias, a través do programa Outono Activo, durante os catro días da Ponte da Constitución no Pavillón do IES Illa de Tambo.
Contará con 1000 metros cadrados de superficie de xogo e lecer a disposición dos máis pequenos.