Actuacións na Barriada de San Pedro
Por Redacción
A brigada municipal de obras do Concello de Marín está a levar a cabo melloras solicitadas na Barriada de San Pedro.
A actuación consiste en acondicionar este entorno do parque con formigón e concluirá coa colocación de bancos.
O pasado verán tamén se procedeu á colocación de dúas mesas na barriada que foran demandadas por os veciños, realizáronse tamén máis peticións para a mellora do tráfico e os asadores que están neste ámbito.