Ferida unha persoa nun atropelo en Bueu
Por Redacción
Unha persoa resultou ferida nun atropelo rexistrado na mañá deste mércores no termo municipal de Bueu, debido ao que foi levada a un centro hospitalario.
Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia, ás 8.18 horas un particular chamou ao servizo de emerxencias para informar que atropelara a unha persoa na rúa Pazos Fontenla.
En concreto foron mobilizados a Policía Local e Urxencias Sanitarias.
O 061 desprazou ao lugar unha ambulancia asistencial que levou á persoa ferida ao Hospital Domínguez, segundo sinalaron fontes sanitarias.