Pontevedra, protagonista do cupón da ONCE o próximo 8 de decembro
Por Redacción
O cupón da ONCE do próximo xoves 8 de decembro estará dedicado a Pontevedra. A cidade será a protagonista da serie "A túa cidade nunha moeda", unha colección de cupóns que é froito do acordo asinado entre a ONCE e a Real Fábrica da Moeda.
Cinco millóns e medio de cupóns da ONCE levarán por toda España o cupón coa moeda dedicada a Pontevedra, na que no anverso está acuñado o escudo da cidade e no reverso aparece o Santuario da Virxe Peregrina.
Esta serie de cupóns, que comezou en 2014, consta de 52 cupóns e pertence ao Cupón Diario da ONCE -de luns a xoves- estenderase ata marzo de 2016, e nela mostrarase cada unha das moedas fotografadas na súa anverso e reverso, co escudo de cada cidade e monumentos destacados de cada unha delas.
O Cupón Diario da ONCE ofrece, por 1,5 euros, 55 premios de 35.000 euros ás cinco cifras. Ademais, o cliente ten a oportunidade, por 0,5 euros máis, de xogar tamén á serie, e gañar "A Paga" de 3.000 euros ao mes durante 25 anos, que se engadirá ao premio de 35.000 euros.
Terán premio de 500 euros os números anterior e posterior ao agraciado; e premio de 200, 20, e 6 euros ás catro, tres e dúas últimas cifras, respectivamente, do cupón premiado. Así como reintegros de 1,5 euros á última e primeira cifra.
Relacionadas:
-
Veciños de Barro e Moraña agraciados con 280.000 euros do sorteo do cupón da ONCE
Por Redacción |
-
O sorteo do cupón da ONCE deixou 175.000 euros en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Roberto Gaspar, novo director da ONCE en Pontevedra
Por Redacción |
-
O cupón de fin de semana da ONCE reparte 200.000 euros en Marín e Bueu
Por Redacción |