Quen está a rematar co sector lácteo galego?
Por Redacción
O conflito do leite continúa. Atrás quedan as tractoradas e a folga durante os meses de agosto e setembro, pero as reinvidicaciones por parte dos gandeiros mantéñense.
Durante o mediodía deste xoves 3, a Plataforma na defensa do Sector Lácteo Galego denunciou no Concello de Pontevedra, onde tres representantes sindicais reuníronse co alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores, que a suba nos últimos meses de ata cinco céntimos nas marcas brancas non está a repercutir nos gandeiros, malia que o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo e a ministra de Agricultura, Isabel García Tejerina, ofrecéronse como garantía.
O colectivo pregúntase onde se está quedando ese diñeiro da subida que está a afectar ao consumidor. Inidcan que os que "muxen" as vacas en Galicia seguen cobrando os prezos máis baixos dos produtores de leite de toda España.
Por este motivo, os representantes da plataforma culpan ás grandes cadeas de distribución como Carrefour, Alcampo, El Corte Inglés ou Eroski de estar a acabar cos gandeiros galegos. Indican que se establecen poxas electrónicas cun prezo de 40 céntimos.
Os representantes sindicais que se reuniron co alcalde de Pontevedra denunciaron que tan só quedan 9.200 explotacións gandeiras en Galicia, cando en 1988 había máis de 100.000 explotacións.
A plataforma decidirá o vindeiro luns que accións vanse a desenvolver nas próximas semanas para demandar prezos xustos que cubran os custos de produción deste sector. O goberno local mostrou o seu apoio público e non descarta presentar unha moción nun próximo pleno de solidariedade cos gandeiros.