Dúas feridas nun choque entre dous vehículos na variante de Vilagarcía
Por Redacción
Dúas mulleres resultaron feridas leves nunha colisión entre dous vehículos rexistrada na variante de Vilagarcía, a N-640.
Segundo informou o servizo municipal de Emerxencias de Vilagarcía o suceso tivo lugar ás 14.40 horas deste martes nas inmediacións do acceso ao Hospital Comarcal do Salnés.
O sinistro consistiu nunha colisión por alcance entre un Peugeot 106 e un Ford Festa cando circulaban por esta vía de alta capacidade.
Ao lugar do accidente acudiron o servizo municipal de Emerxencias de Vilagarcía e a Garda Civil de Tráfico.
Non foi este o único suceso que atendeu o persoal de Emerxencias xa que pola tarde houbo outro accidente de tráfico, esta vez sen danos persoais, na parroquia de Tremoedo, no termo municipal de Vilanova de Arousa.