Videoconferencia co Polo Norte
Por Redacción
O Nadal está cada vez máis preto e os escolares do CEIP Inmaculada de Marín puideron gozar cunha actividade moi especial, falar co mismísimo Papá Noel, aínda que fose a distancia.
Aproveitando as novas tecnoloxías coas que contas as aulas da rede CeMIT, os alumnos de infantil puideron ser protagonistas dunha videoconferencia co Polo Norte.
Os máis pequenos puideron realizar as súas peticións a Papá Noel e interactuar cos seus axudantes axudándose da tecnoloxía.
A máxica conexión tivo unha duración de media hora en cada unha das aulas, para que ningún dos escolares se perdera a cita a poucos días da Noiteboa.