Bueu adxudicará a semana que vén camiño de Meiro - A Portela
Por Redacción
O Concello de Bueu vai proceder nas vindeiras semanas ao asfaltado, limpeza de contornas e arranxos en catro camiños do municipio, en concreto no camiño de Meiro - A Portela, no de acceso ao cemiterio de Ermelo, no da zona de Cabalo e no de Sar en Cela.
Na mañá deste venres procedeuse á apertura dos sobres coas doce ofertas económicas presentadas, sendo a máis vantaxosa a de Nexia Infraestructuras S.L.U. con 41.230 euros, IVE incluído.
A actuación, subvencionada cunha baixa nunha obra do Plan Provincial de Obras e Servizos da Deputación de 54.952 euros, ten previsto adxudicarse a vindeira semana, tras a elaboración do informe preciso por parte do aparellador municipal.
Estas obras complementan as xa feitas este ano nos lugares de Sabarigo, Cabalo e As Laxes.