Preto de 70 persoas escenificarán o "Belén vivente" de Beluso
Por Redacción
En plena xornada electoral, o próximo día 20 pola tarde de 16:30 a 20:30 preto de 70 persoas escenificarán na Casa Reitoral e a Igrexa de Beluso o seu coñecido belén vivente.
Todos os anos, a Asociación Cultural San Marcos e coa colaboración de numerosos voluntarios de toda a comarca, entre eles a Asociación Berobreo, tratan de cambiar os distintos obradoiros que realizan para que aqueles nenos que repiten ano tras ano non se aburran. Cada ano crecen en participación.
O belén é o resultado dun traballo de varios meses para a posta en marcha da panadería, carpintería, olería, cantería, rederos ou a taberna. Todo co obxectivo de que os máis pequenos coñezan estes oficios. Ademais poderemos atopar distintos animais: ovellas, cabritas, coellos, tartarugas, cobaias, pombas, paspallás ou patos, entre outros.
"É unha experiencia única que fai que lembremos os valores do Nadal", destacan desde a asociación.
Este ano estarán presentes os Reis Magos co paxe para recoller as cartas que levarán nos seus camelos e irán cargados de agasallos.