Este venres 18 inaugurase o alumeado de Nadal en Cuntis
Por Redacción
A Concellería de Cultura de Cuntis presentou a programación de Nadal para este ano 2015 que se iniciaba a visita dos paxes reais e do Apalpador ao CPI Don Aurelio Marcelino Rei e á Escola Unitaria da Gándara, en Arcos de Furcos.
O venres 18 inaugúrase a iluminación do Nadal cunha chocolatada con churros na Feira, na praza da Constitución, ás 21.30 horas, despois da celebración do festival dos alumnos de cuarto de ESO que se desenvolverá no Centro Sociocultural Xosé Raído Patelas.
O Festival do Nadal da Agrupación de Gaitas e Baile Tradicional de Cuntis, o Concerto de Corais, a visita do Apalpador e de Papá Noel, o teatro de Cándido Pazó coa obra ' Memoria das Memorias dun neno labrego' e a tradicional cabalgata de reis completan a programación para estas festas.
A colaboración entre a asociación cultural Festas do Baño, a hostalería e o comercio de Cuntis levou a celebrar un gran baile de fin de ano na carpa instalada na Feira, como forma para festexar a entrada de 2016.