A Deputación e a patronal do metal promoven un proxecto transfronteirizo para internacionalizar o sector
Por Redacción
A Deputación Provincial de Pontevedra e a asociación de industriais metalúrxicos de Galicia (ASIME) poñerán en marcha un proxecto de cooperación intelixente para favorecer a competitividade da industria metalúrxica de Galicia e o Norte de Portugal. Para poder facelo, este mércores asinaron un convenio para executar un proxecto de colaboración transfronteirizo de aplicación na Eurorrexión.
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, explicou que se trata dun proxecto que se presenta aos fondos Interreg da Unión Europea e inclúe propostas para que "se compartan buenas prácticas entre ambos países" e se promova a formación para a internacionalización. Respecto diso, insiste en que "la internacionalización en un mundo global es uno de los aspectos fundamentales de nuestra economía y necesitamos expertos", de modo que a formación vai ser un dos elementos craves.
Segundo explica, non se trata dun proxecto teórico, senón "absolutamente práctico" no que, entre outras accións, vanse a realizar actividades en máis de 200 empresas. Carmela Silva indica que as empresas metalúrxicas "necesitan mucho de la innovación, de generar valor añadido" para poder competir "no con los bajos salarios, que es algo con lo que estamos totalmente en desacuerdo, sino con ser más innovadores".
O obxectivo final é que as empresas do sector na Eurorrexión póidanse internacionalizar, pois "é a única forma de que poida haber futuro nos países". A presidenta provincial lembra que no noso país,"nos ha salvado mucho en esta etapa de crisis que las empresas hayan podido salir de nuestras fronteras para mantener su actividad".
A industria metalúrxica é "uno de los sectores más potentes tanto de Galicia como del norte de Portugal" e xera "mucho crecimiento económico y empleo". É, ademais, unha das industrias que "más favorece la innovación , el desarrollo y la investigación" por iso é polo que consideran "obligatorio" que as administracións se comprometan con este tipo de proxectos, que crearán sinerxias entre os dous países para promover proxectos conxuntos.