A nécora, en veda ata o 1 de xullo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Ata o próximo 1 de xullo non se poderá capturar nécora nas rías pontevedresas. Segundo informa a Consellería do Mar, desde este mércores 6 de xaneiro queda pechada a campaña desta especie, tal e como establece o Plan Xeral de Explotación Marisqueira.
Con esta medida, o goberno galego busca favorecer a reprodución desta especie e acougar o esforzo pesqueiro que soportan as súas poboacións en Galicia.
Ademais, tamén entra en veda o santiaguiño. Este último poderá extraerse de novo a partir do 1 de outubro.
No últimos seis meses de 2015, o tempo que estivo aberta a campaña extractiva, vendéronse nas lonxas galegas máis de 105 toneladas de nécora, por un importe total duns 1,7 millóns de euros.
No caso do santiaguiño, desde o 1 de outubro vendéronse uns 540 quilos desta especie, cun valor superior aos 36.000 euros.