Detido por agredir cunha arma branca ao seu irmán en Poio
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Garda Civil de Pontevedra detivo este sábado un veciño de Poio por presuntamente agredir ao seu irmán usando unha arma branca.
A agresión produciuse presuntamente á primeira hora da tarde en Poio e, tras a mesma, recibiu un aviso o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, que solicitou a intervención da Garda Civil e Urxencias Médicas de Galicia 061.
O agredido foi trasladado por unha ambulancia do 061 ao Hospital Montecelo de Pontevedra, onde ingresou cunha ferida aparentemente grave.
A continuación, os axentes da Garda Civil procederon á detención do presunto agresor, que tamén necesitou asistencia sanitaria. O home, que se atopa a tratamento psiquiátrico, foi trasladado ao Hospital Provincial.