A Garda Civil detén a unha veciña do Grove por venda de estupefacientes a pequena escala
Por Redacción
Dentro do marco das actuacións que a Garda Civil vén realizando para a erradicación do consumo e venda de estupefacientes a pequena escala, na mañá do domigo, día 10, compoñentes do Posto do Grove, procederon á detención de D.S.D., de 59 anos de idade e veciña da devandita localidade, como suposta autora dun delito contra a saúde pública.
Segundo informaron fontes oficiais do Instituto Armado, os feitos sucederon cando os axentes, que procedían á súa identificación, observaron como tentaba esconder unha pitillera dentro do pantalón solicitóuselle que mostrase todo o que levaba no interior da mesma e do bolso que portaba, incautándoselle 57 comprimidos de tranquimazin e dous teléfonos móbiles, polo que se procede á súa detención e condución ás dependencias oficiais do referido Posto da Garda Civil para a instrución da correspondentes dilixencia.
Unha vez nas dependencias policiais, e ao ser examinada máis minuciosamente, atopóuselle un envoltorio con dúas dose de heroína.
A detida, que carece de antecedentes policiais, será posta a disposición do Xulgado de Instrución número catro dos de Cambados.