Calros Solla e o IES Luis Seoane, premios Cidade de Pontevedra 2015
Por Redacción
O profesor Calros Solla Varela como persoa física e o Instituto de Ensino Secundario Luís Seoane de Monte Porreiro como persoa xurídica resultaron escollidos Premios Cidade de Pontevedra 2015.
O xurado conformado por representantes das agrupacións políticas, das asociacións veciñais, agrupacións culturais e medios de comunicación reuníanse ás 13.00 horas deste martes 12 no Concello de Pontevedra e en apenas media hora tomaban a decisión por unanimidade, tras escoller entre un total de seis candidaturas.
A concelleira Carmen Fouces facía públicos os novos premios e deu o parabén aos gañadores, ademais dos outros candidatos.
O xurado tivo en conta a traxectoria de Calros Solla Varela como narrador e cronista do río Gafos e como defensor da biodiversidade, ademais de ser un gran promotor do patrimonio inmaterial. Neste caso, Fouces destacou tamén a constancia da calidade do ex ciclista profesional e director deportivo do Super Froiz, Evaristo Portela.
O galardoado ao IES Luís Seoane, indicou a concelleira, é un premio a todo o barrio de Monte Porreiro. Apuntou que o centro é un símbolo nunha urbanización que rompeu moldes e que, neste caso, contou con apoios que van desde o conselleiro de Educación ao Pobo marroquí en Galicia. Fouces afirmou que se trata dun lugar de encontro no que se traballa pola igualdade.
Na categoría de persoas xurídicas tamén se presentaron as candidaturas do Club de taekwondo Mace Sport, a Festa HQR! e o Espacio Arroelo de coworking. A concelleira referiuse a todos eles destacando o seu importante labor social en apoio do deporte no caso das dúas primeiras e a última pola súa importante aposta de futuro.
Os premiados recibirán os galardóns co nome da cidade na sesión de honra no Pleno municipal convocado para o día 20 de xaneiro, no Teatro Principal, o día da festividade de San Sebastián, patrón de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Tes en mente algún merecedor do premio Cidade de Pontevedra? Xa podes presentar a candidatura
Por Redacción |
-
Calros Solla e o IES Luis Seoane, os Cidade de Pontevedra cun carácter máis educativo
Por Mónica Patxot & Natalia Puga |
-
O Cidade de Pontevedra é cousa de seis
Por Redacción |
-
A Federación de Veciños Teucro propón que a festa HQR leve o Cidade de Pontevedra
Por Redacción |
-
Evaristo Portela, candidato ao Cidade de Pontevedra polo seu labor á fronte do Super Froiz
Por Redacción |