Os pais de O Cruceiro, en pé de guerra polo colexio de Vilalonga
Por Oskar Viéitez
Os pais dos alumnos do CEIP, O Cruceiro de Vilalonga están preocupados porque o proxecto do novo colexio parece esfumarse. O tema abordouse na reunión celebrada na tarde do xoves para tratar a construcción do novo colexio e a situación do vello.
Agora hai un novo atranco, o Concello ten que expropiar 3000 m2 máis de terreo necesarios para a súa construcción, debido a un "erro técnico", situación que demorará máis o comezo das obras.
Sumase este problema á "non inversión" de 400.000 euros o ano pasado, e a aprobación dunha partida "irrisoria" por parte da Consellería de só 150.000 euros para este ano, una cantidade que xuzgan "insuficiente para que este ano se comencen coas obras".
Todas estas circunstancias repercuten no actual colexio, que leva sin ter obras importantes moito tempo á espera da construcción do novo centro.
"Os país estamos dispostos a facer o que faga falla para que se nos escoite"
Nun comunicado feito público pola ANPA aseguran que "xa fartos de enganos e mentiras o longo de todos este anos por parte do Concello e da Consellería, os país estamos dispostos a facer o que faga falla para que se nos escoite, estamos a falar da seguridade dos nosos fillos, do dereito a que poidan asistir a un centro digno, sin malos cheiros, sin humidades, sin averías constantes, que non teñan que ir pola choiva para cambiar de aula, entre moitas máis deficiencias".
Entre as medidas propostas e aprobadas polos país, acordouse mostrar a opinión pública as deficiencias do colexio vello, denunciar ante Sanidade para que realicen unha inspección, movilizar a todas as asociacións de Vilalonga para obter o seu apoio, e organizar unha manifestación e logo concentración diante do Concello, "e todas aquelas medidas que se vexan necesarias para que esta situación se solucione dunha vez".
Con todas estas medidas pretenden "que se nos escoite, que se nos deixe de mentir, que se nos deixe de utilizar, que deixen de visitar o Colexio con promesas que no fondo saben que non van a cumplir, que veñan con realidades e que dunha vez por todas fagan os deberes que deixaron a medias".
Finalmente dende a ANPA pídenlle "os nosos representantes no Goberno Municipal, na Xunta de Galicia e no Congreso dos Deputados que fagan algo mais que viaxar e gastar os cartos dos contribuintes, só se lles ve o pelo nas campañas electorais facendo falsas promesas para seguir no poder".