Lourizán contará con 20 novos nichos e San Amaro cun maior depósito de cinzas
Por Redacción
O cemiterio municipal de Lourizán aumentará a súa capacidade. Ao longo do primeiro trimestre do ano, o Concello de Pontevedra impulsará unha serie de traballos para construír vinte novos nichos.
Con esta decisión, o goberno municipal quere responder a unha vella petición dos veciños da parroquia, a máis poboada de Pontevedra e na que máis pasamentos se rexistran.
Carmen Fouces, responsable do servizo de Cemiterios, entende que neste trimestre estarán listos os trámites de adxudicación e poderán iniciarse os traballos.
Aínda que hai nichos libres no cemiterio municipal de San Amaro, o Concello entende que é preciso atender peticións deste tipo en relación aos camposantos, para aliviar e tranquilizar a todos os veciños.
A concellaría tamén iniciará en breve actuacións no cemiterio municipal de San Amaro para incrementar os depósitos de cinzas, dado que se está incrementando a demanda.
Relacionadas:
-
VIDEO.- O cemiterio de San Amaro disporá dunha pradería para esparcir cinzas e un espazo para cerimonias civís
Por Oskar Viéitez |
-
325 nichos agardan solicitantes nos cemiterios de San Amaro e Ponte Sampaio
Por Redacción |
-
San Amaro e Ponte Sampaio ofertarán 325 novos nichos
Por Alejandro Espiño |
-
Xornada apacible que favoreceu a presenza de numerosas visitas aos camposantos
Por Diego Torrado |
-
Os cemiterios pontevedreses amosarán o seu mellor aspecto o día de Todos os Santos
Por Redacción |