O pontevedrés Xabier Fortes, elexido como membro do consello de informativos de TVE
Por Anxo Lourido
O xornalista Xabier Fortes será membro do Consello de Informativos de TVE durante os vindeiros dous anos tras os resultados obtidos nas eleccións celebradas durante a xornada deste venres 25 para ese órgano da cadea pública. Así o anunciaba esta mañá en Twitter, tras ter participado na cea da prensa en Pontevedra:
Tras noche de celebración y en pleno resacón os comunicó que mis compañeros me han elegido para el consejo de informativos TVE. Allá ellos
xabierfortes (@xabierfortes) 26 de enero de 2013
O xornalista pontevedrés é o primeiro sorprendido pola nova e bromeaba adiantando a súa primeira medida:
El comité de campaña sigue celebrándolo (creo) por Madrid adelante. Yo en Pontevedra. Primera medida. Irme a Lalín a tomar un cocido
xabierfortes (@xabierfortes) 26 de enero de 2013
Na campaña, os compañeiros de traballo en Madrid publicitaron a imaxe de Fortes como gran afeccionado do conxunto granate baixo o lema "Vota a Fortes porque todos somos del Pontevedra C.F."
O Consello de Informativos ten, entre outras facultades, a potestade de informar ao Consello de Administración de Televisión Española das posibles manipulacións e malas prácticas informativas, así como das posibles violaciones que se produzan en materia informativa.
O seu obxectivo agora é que se cumpran os criterios dos estatutos da empresa pública e, segundo apunta, quere que os informativos sexan "plurales, honestos e independientes". Do mesmo modo, Xabier Fortes quere defender os centros territoriais de TVE. O xornalista pontevedrés foi director do centro de Santiago entre 2007 e 2011 ata que se trasladou a Madrid para presentar e dirixir La Noche no Canal 24 horas, de onde foi destituido en agosto de 2012. Na actualidade atópase, de novo, traballando no centro galego como redactor de informativos.