Os informes técnicos negan a posibilidade de suspender as licenzas para plantas de compost
Por Redacción
Os informes elaborados polos técnicos de urbanismo do Concello rexeitan a moción presentada polo Partido Popular para levar a cabo unha suspensión temporal de licenzas para a instalación de plantas de compostaxe en solo rústico. O tema foi fóra da orde do día á comisión de Urbanismo deste martes 9 pero os representantes populares reclamaron que o tema se trate nunha nova comisión debido á ausencia do seu portavoz, Jacobo Moreira.
O informe técnico sinala que a conclusión é que os termos para esa suspensión solicitada non se adaptan á normativa aplicable ao entender que o alcance desta decisión afectaría a proxectos de compostaxe individual ou comunitaria en calquera vivenda instalada en chan rústico.
O secretario de plenos tamén emitiu un informe negativo ao entender que non se pode suspender unha licenza sen causas que o xustifiquen e entende que a solicitude dos populares non leva asociados motivos concretos.
A concelleira de Urbanismo, Carme da Silva indicou que o Concello no tema da xestión do lixo atópase obrigado a exercer as súas actividades xa que entre as súas obrigacións ten que recoller os residuos urbanos e tratalos.
Relacionadas:
-
Pontevedra porá en marcha un novo sistema de recollida selectiva de lixo nun ano
Por Anxo Lourido |
-
A Plataforma 'Residuos Non' de Ponte Sampaio aposta por crear plantas composteiras nas 15 parroquias
Por Anxo Lourido |
-
O PP esixe anular o acordo para alugar os terreos da Canicouva para a planta de compost
Por Redacción |
-
O PP propón suspender licenzas para plantas de compostaxe para frear o proxecto da Canicouva
Por Redacción |