Acusado de delito de tráfico e desobediencia tras dar positivo en cocaína
Por Redacción
Axentes da Policía Local de Pontevedra detiveron un condutor dun Volkswagen Golf que circulaba pola Avenida de Boos Aires e que tras darlle o alto, deu positivo no control de drogas.
Ante a negativa deste individuo a identificarse, foi trasladado a Comisaría. Segundo sinalaron fontes xudiciais, o home estaba "eufórico e exaltado" e tería agredido a un dos axentes que o identificaron.
Unha vez nas despendencias policiales, ademais de corroborar cunha segunda proba o positivo en cocaína, os axentes puideron identificar o home comprobando que tamén carecía de permiso de conducir.
Unha vez que prestou declaración sobre os feitos, o detido foi posto en liberdade con cargos e citado para a súa comparecencia no Xulgado de Instrución número 3 de Pontevedra o mércores 10 de outubro.
Os feitos aconteceron arredor das 21.30 horas do día 4 de outubro. O home será sometido a un xuizo rápido acusado dos delitos de desobediencia a axente autoridade e contra a seguridade vial.