Agustín Fernández avisa a Lores: se non cumpre os acordos plenarios "iremos ao xulgado"
Por Alejandro Espiño
Ao portavoz do PSdeG-PSOE non lle gustaron as palabras do alcalde nas que aseguraba que a oposición "torpedea" o funcionamento administrativo do Concello e advertía que non cumpriría os acordos plenarios se estes son contrarios ao proxecto do BNG.
Tanto que Agustín Fernández lembrou a Fernández Lores que as ordenanzas e regulamentos que se aproben no pleno son de obrigado cumprimento e advertiulle que, no caso de que non o faga, "iremos al juzgado", ao entender que podería estar a cometer un delito de prevaricación.
"Un alcalde no puede decir eso con total impunidad", sinalou o portavoz socialista, que insistiu en que "me cabrea" que o representante de todos os pontevedreses "se atreva a decir que no se van a cumplir las normas" porque, a partir de agora, se o alcalde non respecta estas normativas pregúntase "cómo las van a cumplir los demás ciudadanos".
Fernández, que chegou a sinalar que Lores "no es el rey sol" -en relación ao monarca absolutista francés Luís XIV-, utilizou dita analogía para asegurar que "yo no quiero ser Robespierre", pero avanzou que chegado o caso "hay mecanismos" para facerlle cumprir o que se aprobe nos plenos.