A ex portavoz de Bildu no Parlamento vasco, Laura Mintegui, pecha a Semana de Filosofía
Por Redacción
"A noite do cacique" de Castelao ilustra o cartel da XXXIII Semana Galega de Filosofía, convocatoria cuxo contido presentou a Aula Castelao. O epígrafe que engrana os debates deste ano é "Filosofía e Política" e con esa lámina queren significar que: "a política e a súa representación que son as leis teñen unha finalidade, a organización racional e igualitaria das cousas. Con todo, a realidade non é así, máxime cando falamos de democracia. A nosa idea é que coa recuperación da democracia popular caerían prebendas, corrupcións e poderiamos organizar unha sociedade máis xusta", explicou Ana Regueira, presidenta da Aula.
Como é habitual, os relatorios articúlanse en sesións de mañá, tarde e noite, sendo nas sesións vespertinas onde o debate céntrase no ámbito autonómico galego.
Ata quince expertos de diferentes disciplinas como filósofos, politólogos, economistas, escritores ou xornalistas tomarán parte na Semana Galega de Filosofía. Entre eles apuntar a Arnau Matas Morell, investigador, profesor e activista social; Ricardo García Zaldívar, presidente de Attac España; o xornalista e candidato da CUP en 2015 a presidir a Generalitat, Antonio Baños Boncompain; ou Laura Mintegui Lakarra, profesora da Universidade do País Vasco e quen foi cabeza de lista por Bildu nas eleccións vascas de 2012, que ofrecerá a lección de clausura.
Durante os cinco días da Semana, entre o 28 de marzo e o 1 de abril y en el Teatro Principal, debateranse conceptos como democracia, poder ó soberanía popular; sobre a crise da esquerda, novos espazos xeopolíticos, o Tratado Transatlántico de Libre Comercio e Investimento, a corrupción, ou a banalización da política, entre outros temas.