Sorprenden tres irmáns que roubaban en Carrefour escondendo obxectos en papel hixiénico
Por Natalia Puga
Un vixiante de seguridade do hipermercado Carrefour de Pontevedra sorprendeu a tres novos mentres tentaban roubar obxectos do establecemento comercial por un valor de 109 euros. Os tres foron retidos ata a chegada da Policía Nacional e posteriormente identificados polos axentes.
Os tres presuntos ladróns eran irmáns e de orixe romanesa e un deles resultou ser menor de idade, de modo que foron alertados os seus pais e quedou baixo tutela dos mesmos.
Todo ocorreu sobre as 16.30 horas do sábado 5 de marzo. O vixiante de seguridade recoñeceu aos mozos porque xa roubaran no hipermercado en anteriores ocasións, de modo que decidiu darlles o alto. Cando os parou, descubriu que tentaban levar varios obxectos do interior do establecemento escondéndoos debaixo de paquetes de papel hixiénico.
Os obxectos que pretendían roubar, cuxos detalles non transcenderon, puideron ser recuperados. En total, sumaban un valor de 109 euros, segundo confirmou fontes policiais.