O SUP asegura que as tres prazas convocadas na Comisaría de Pontevedra palían as baixas por xubilación
Por Redacción
Os portavoces do Sindicato Unificado de Policía (SUP) en Pontevedra valoraron que a decisión da Dirección Xeral de cubrir tres baixas vacantes na Comisaría "palía as baixas que se están producindo por xubilación".
O SUP valora positivamente que na reunión da Comisión de Persoal e Proxectos normativos, celebrada en Madrid o día 11 de marzo, a Dirección Xeral da Policía "pasou de ningunha a tres" o número de prazas da Escala Básica- segunda Categoría para a Comisaría Provincial de Pontevedra.
"Somos conscientes que isto non soluciona o déficit de funcionarios que existen nas comisarías da provincia", sinalan nun comunicado desde este sindicato, especialmente no caso dalgunha destas localidades que presenta "graves dificultades para garantir a presenza dunha soa dotación policial na rúa".
En referencia ás concentracións convocadas polo sindicato Unión Federal de Policía este luns en Marín e o mércores en Vilagarcía o SUP afirma que "a simple mobilización na rúa non é suficiente para conseguir dobregar a vontade da administración" e, pola contra, apuntan que "resulta máis eficaz o sentar nunha mesa para debater os graves problemas que afectan o servizo público de seguridade".
Neste sentido, o SUP indica que seguirá apostando por esta dobre vertente de mobilización e negociación.