A vila de Marín ponse guapa
Por Redacción
Diversas actuacións no centro urbano coinciden nestes días previos á Semana Santa para deixar a vila preparada para a chegada dos visitantes e disfrute dos residentes.
Así, estase procedendo a unha limpeza a fondo da Fonte da Alameda.
Despois do inverno presentaba un mal aspecto e era necesario proceder ó seu vaciado e mellora, reparando o que resulte necesario para poder, na maior brevidade, poñela a funcionar.
Tamén se traballa na mellora do acceso na finca de Briz que estaba moi deteriorado polas chuvias e imposibilitando que os usuarios que acuden á Escola de Música poidan realizalo de xeito máis doado. Trátase dun acondicionamento cunha capa de formigón.
Ademáis está en tramitación das autorizacións administrativas necesarias para o arranxo do servizo de auga na rúa Cividanes. Unhas melloras que foron solicitadas en reiteradas ocasiones polos veciños.